CRTVG

Buscar

A xuíza decide enviar a prisión a nai da pequena que apareceu morta na súa casa de Muimenta

Publicado o 01/06/2019 10:09

A xuíza decidiu enviar a prisión a nai da nena de sete anos de Muimenta que apareceu morta na súa casa. Dende o día 3, data do tráxico suceso, a nai da pequena Desirée permanece ingresada no hospital Lucus Augusti de Lugo. Fora a avoa da cativa quen atopara o seu cadáver na cama cando a foi buscar para ir ao colexio.

As sospeitas centráronse na proxenitora, que tivo que ser atendida na área de Psiquiatría do HULA. Alí foi a onde se desprazou a xuíza de Vilalba para tomarlle declaración, pero a muller negouse a responder as preguntas. A maxistrada ordenou o seu traslado ao módulo de presos e mais o ingreso en prisión sen fianza cando reciba a alta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2019