CRTVG

Buscar

A xuíza autoriza a exhumación do corpo de Déborah Fernández

Publicado o 05/05/2021 17:02
A xuíza autoriza a exhumación do corpo de Déborah Fernández

A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Tui autorizou a exhumación do corpo de Déborah Fernández, á petición da familia que en marzo pasado solicitu que poida ser examinado por médicos forenses para buscar ADN doutras persoas que poidan estar implicadas na súa morte.

A exhumación realizarasepróximo 18 de maio no cemiterio de Pereiró, en Vigo, onde xacen os seus restos mortais desde hai 19 anos.

"Recibimos a noticia coa esperanza de que este duro proceso poida pechar o círculo sobre quen interveiu na desaparición, morte e posterior manipulación e traslado do corpo e Déborah", asegurou nun comunicado a familia, que defende que a moza foi asasinada.