CRTVG

Buscar

A xuíza do 8-M arquiva a causa ao non ver suficientes indicios de delito

Publicado o 12/06/2020 10:55

A xuíza que investigaba o delegado do Goberno en Madrid, José Manuel Franco, por un posible delito de prevaricación por non prohibir a manifestación do 8-M, decidiu arquivar a causa provisionalmente ao non ver suficientes indicios de delito.

A xuíza conclúe, tras as dilixencias de investigación practicadas, que Franco "non tivo un coñecemento certo, obxectivo e técnico do risco que para a saúde das persoas entrañaba a realización de manifestacións e concentracións" entre o 5 e o 14 de marzo.

A resolución sinala tamén que o investigado "non recibiu comunicación ou instrución sanitaria sobre este particular e tampouco a recabou de oficio de ningunha autoridade competente no ámbito sanitario".