CRTVG

Buscar

A xornalista da TVG María Solar, entre os premiados nos Insua dos Poetas 2019

Publicado o 19/07/2019 10:41

A xornalista e escritora María Solar foi recoñecida na categoría de Creación Literaria polo seu traballo no mundo da comunicación, sobre todo, no programa cultural Zigzag diario da TVG e en A revista fin de semana.

Nas Artes Plásticas, recaeu na profesora María Victoria Carballo-Calero; na de Lingua e Cultura Galega na diáspora, o premiado foi o Centro Galicia de Bos Aires e En Acción Social recibiuno a Asociación de Veciños de Madarnás, no Carballiño. 

Tamén foron premiados o empresario Manuel Bernárdez Otero, a Asociación Fotográfica O Potiños e a Cadena SER do Carballiño.

Os galardóns serán entregados durante a celebración da XI Festa da Palabra o vindeiro sábado 20 de xullo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019