CRTVG

Buscar

A xornalista da TVG Alba Mancebo, mellor comunicadora nova das televisións rexionais europeas

Publicado o 17/04/2019 10:08

A nosa compañeira Alba Mancebo, do departamento de Contidos Dixitais da CRTVG, acaba de gañar o premio CIRCOM á mellor comunicadora nova (Young Talent on Screen) que concede este organismo que agrupa as televisións rexionais europeas.

É a segunda vez que a CRTVG logra un premio de CIRCOM, despois do que obtivo a serie Matalobos en 2012. Desde aquela, esta casa logrou tamén dúas mencións especiais do xurado.

Alba Mancebo recollerá o premio na conferencia anual de CIRCOM que se desenvolverá en Novi Sad (Serbia) o próximo 30 de maio. Ese día tamén se anunciará o Gran Premio de CIRCOM de entre os gañadores das dez categorías restantes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí