CRTVG

Buscar

A xornalista Alba Mancebo recolle o premio á mellor comunicadora nova das televisións rexionais europeas

Publicado o 31/05/2019 16:41

A nosa compañeira Alba Mancebo, do departamento de Contidos Dixitais da CRTVG, acaba de recoller o premio CIRCOM á mellor comunicadora nova (Young Talent on Screen) que concede este organismo que agrupa as televisións rexionais europeas.

É a segunda vez que a CRTVG logra un premio de CIRCOM, despois do que obtivo a serie Matalobos en 2012. Desde aquela, esta casa logrou tamén dúas mencións especiais do xurado.

Alba Mancebo recolleu o premio na conferencia anual de CIRCOM que se desenvolve en Novi Sad (Serbia). 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/05/2019