CRTVG

Buscar

A xornada transcorre sen incidentes nos colexios electorais cataláns

Publicado o 10/11/2019 15:05

Mossos d'Escuadra e policías locais uniformados en cada colexio electoral. Algúns botarán todo o día, permantemente nalgúns puntos de votación, e, segundo as necesidades operativas que xurdan, outros desprazaranse duns colexios a outros. A policía autonómica non quixo dar cifras exactas dos efectivos despregados pero si que uns 2.500 policías nacionais e gardas civís están preparados para actuar a petición dos Mossos, a Policía en puntos estratéxicos das grandes cidades e os gardas civís no rural. No que vai de xornada electoral non se produciron incidentes, así que a normalidade marca o 10-N en Cataluña. O presidente da Generalitat, Quim Torra, votou no distrito de Sant Gervasi, en Barcelona. A presidenta da mesa é a súa filla. Gabriel Rufián, o candidato de Esquerra Republicana de Cataluña nas xerais, votou na escola Ribatallada de Sabadell. A voceira de Ciudadanos no Congreso, Inés Arrimadas, foi recibida con asubíos e apupos cando entrou, fixo declaracións, e saíu da Escola Ausiàs March no barrio de Les Corts.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019