CRTVG

Buscar

A xornada máis calorosa do verán deixa paso a unha nova alerta por treboadas

Publicado o 13/07/2019 10:27

Saír as rúas en Ourense nun día coma o de hoxe resulta difícil de levar para moitos. Non é que non estean afeitos, nin que non sexa habitual acadar estas temperaturas en Ourense nos meses do verán, pero o certo é que a de hoxe foi unha xornada abafante, con temperaturas que en zonas como Arnoia superaron os 39 graos.

Unha masa de calor africana trouxo con ela un aviso laranxa por temperaturas máximas que chegaron ademais acompañadas de bochorno.

O abano é unha posibilidade, a outra os ríos e as piscinas, que hoxe foron o lugar preferido para escapar da calor. O difícil eso sí é conseguir conciliar o sono polas noites. Xa levan varios días con temperaturas moi altas.

37 graos houbo hoxe en Ourense e 38 en Leiro. Todo cambia eso sí a partir de mañá porque volven as chuvias e mesmo as treboadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019