CRTVG

Buscar

A xornada de máis calor en Galicia deixa temperaturas próximas aos 40 graos

Publicado o 17/07/2020 21:50


Non hai auga abondo no mar ou nos ríos para refrescármonos desta calor que nos abafa. Por moito que algúns estean acostumados ou procedan de lugares máis cálidos, ter clima africano no finisterre europeo, pois non é moi habitual que digamos...

Claro que tombados na area ou na herba, levámolo mellor. Pero que facemos de noite para durmir, con temperaturas que nalgúns puntos non baixan dos vinte graos.

Xa saben o que cómpre facer nestes casos: hidrátense moito, tanto por dentro como por fóra; póñanse á sombra; non fagan deporte ou traballen físicamente, se é posible, nas horas de máis calor. E non se descoiden porque, se hoxe o aviso é amarelo, mañá, en puntos do interior de Ourense, o aviso será laranxa, e chegaremos aos corenta graos.

Noticias web

17/07/2020