CRTVG

Buscar

A xefa do Goberno de Hong Kong condena a entrada de manifestantes no Parlamento

Publicado o 02/07/2019 10:12

A xefa de Goberno de Hong Kong condenou a entrada de manifestantes no Parlamento da cidade. Centos de persoas tomaron o edificio do Parlamento o día que se cumpría o vixésimo segundo aniversario da cesión da ex-colonia británica a China. Despois de tres horas, os manifestantes abandonaron o edificio. As protestas empezaron hai case un mes, contra unha lei que permitiría a extradición a China. A xefa do Goberno condenou o vandalismo e reiterou que o polémico proxecto estaba en suspenso, sen idea de retomalo, e pediu a volta á normalidade.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019