A web do 'Diario cultural' da Radio Galega, premio Martín Códax ao mellor espazo de comunicación
Publicado o 08/05/2019 23:47

Este mércores celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a sexta edición dos Premios Martín Códax da Música. Dentro dos premios reservados á industria, premiouse o labor da web do 'Diario cultural', programa da Radio galega, como mellor espazo de comunicación.