CRTVG

Buscar

"A vostedes preocúpalles a mentira?", responde Ábalos sobre Venezuela nunha nova lea no Congreso

Publicado o 26/02/2020 11:04

A pregunta dun deputado do PP ao ministro de Transportes, José Luis Ábalos, sobre o ocorrido en Baraxas coa vicepresidenta de Venezuela sáldase con acusacións de mentiras, berros de "dimisión" e o aplauso dos deputados do PSOE e Podemos postos en pé en apoio do ministro.

En resposta ás acusacións do PP de fiar "unha mentira tras outra" para explicar a súa actuación con  Delcy Rodríguez, Ábalos replicou con ton de incredulidade: "A vostedes preocúpalles a mentira?".

"A vostedes? Que nos fixeron crer a España e ao mundo que o peor atentado peor que tivo España o cometera a ETA para salvarse? que aos soldados do Yak 42 non quixeron identificalos? e os que, supostamente, desviaron diñeiro destinado a Venezuela para financiar a campaña galega?", respondeu Ábalos a berros para facerse oír por encima do estrondo de apupos e aplausos.

"Dimisión, dimisión", gritou toda a bancada do PP e de Vox, ata que os aplausos do PSOE e os seus socios de Goberno postos en pé durante case un minuto acalaron os berros.

Finalmente, a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, conseguiu impoñer a tranquilidade para que o ministro concluíse a súa resposta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí