CRTVG

Buscar

A Volta a España regresará a Galicia

Publicado o 11/11/2019 19:16

A Volta a España do ano que vén terá un final no Ézaro. Trátase dunha etapa contra o reloxo individual que arrancará en Muros e rematará no Ézaro. En total, 33 quilómetros desde Muros, indo pola costa, pasando por Louro, Lira, Carnota, Caldebarcos, e asalto final nas duras ramplas do Ézaro. Unha etapa, ademais, de paisaxe admirable.

Pero non será a única xornada en Galicia da Volta Ciclista. Haberá tamén outra etapa pola Ribeira Sacra.

 

Noticias web

11/11/2019