CRTVG

Buscar

A Volta a España decídese en Galicia

Publicado o 11/02/2021 13:25

• A última etapa será unha crono entre Padrón e a praza do Obradoiro

A Vuelta mira a Compostela. As estradas galegas serán o escenario no que se decidirá o gañador do maillot vermello.

Tres etapas percorrerán o país, as tres últimas, as decisivas. A primeira chegará a Monforte de Lemos saíndo de Asturias, de Tapia de Casariego. Serán 187 quilómetros.

A segunda agocha unha chegada inédita na rolda española. Saíndo de Sanxenxo chegará ao Alto de Erville, unha etapa deseñada por Óscar Pereiro, que toma por referencia a Volta a Galicia de 1992. Daquela o alto de Erville fora o escenario desta contrarreloxo na que se impuxera o holandés Steven Rooks.Co castigo acumulado polos ciclistas á altura da penúltima xornada, esta etapa ben podería establecer diferenzas.

Porque o último día vai esixir un novo esforzo. A Vuelta aposta novamente por unha contrarreloxo para pechar esta edición. 33 quilómetros entre Padrón e Santiago, en pleno ano santo a Vuelta tamén será peregrina e acabará aos pés do Apóstolo na mesma praza do Obradoiro.

Noticias web

11/02/2021

Máis sobre Monforte de Lemos