CRTVG

Buscar

A volta á actividade no Congreso céntrase na suba da luz e na situación en Afganistán

Publicado o 25/08/2021 21:33

A suba da luz centrou o debate no Congreso, que hoxe recuperou a actividade coa reunión da Deputación Permanente. A crise de Afganistán foi o outro grande asunto enriba da mesa. Finalmente, Pedro Sánchez non informará destes dous asuntos. 

A Deputación Permante rexeitou a comparecencia estraordinaria do presidente que pedía o PP. Os deputados regresaron ao Congreso tralas vacacións con varios asuntos principais na axenda: a crise de Afganistán ou o prezo da luz. 

PSOE, Podemos e outros socios parlamentarios do Goberno ven innecesaria unha comparecencia extraordinaria de Sánchez. Unidas Podemos volveu introducir no debate a creación empresa pública para controlar os prezos da electricidade, e Más Páis e Compromís pediron a creación dunha comisión de investigación no Congreso. 

Sobre a suba da luz dará explicacións a vicepresidenta Ribera a semana próxima, e tamén comparecerá o ministro de Exteriores para informar sobre Afganistán. 

Noticias web

25/08/2021