A voceira do BNG di que non compartirán candidatura con forzas políticas estatais
Publicado o 17/02/2019 21:06
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, desbota unha posible alianza coa Marea para concorreren ao senado xuntos, tal e como propuña o voceiro de En Marea. Luís Villares tamén facía extensiva a súa oferta ao PSdeG para crear unha gran plataforma progresista galega.
Ana Pontón facía estas declaracións antes de participar na presentación do candidato nacionalista á alcaldía das Neves.