CRTVG

Buscar

A 'viúva negra' de Alacante volve ao lugar do crime

Publicado o 13/06/2019 08:41

A coñecida como 'viúva negra' de Alacante volveu ao lugar do crime, na Albufereta. Alí encontrouse co seu coidador, tamén detido. Os dous conversaron amigablemente e rexeitaron participar na reconstrución dos feitos ordenada polo xuíz.

Unha posta en escena do que, segundo os investigadores, puido ocorrer o pasado 20 de agosto cando, presuntamente, os detidos mataron o terceiro marido de Conchi. Daquela, ela non tiña mobilidade, pero onte chegou sen cadeira de rodas.

Noticias web

13/06/2019