A vítima do ataque machista de Vimianzo está en estado grave pero estable
Publicado o 15/05/2019 21:16
Operárona e agora está estabilizada, pero segue aínda grave e as próximas horas serán determinantes para ver a súa evolución.
Montse foi atendida nun primeiro momento en Vimianzo, na propia sede de Unións Agrarias, onde conseguiron taponarlle a ferida. De alí trasladárona ao PAC da vila e, unha vez realizados os primeiros auxilios, levárona para o Hospital Universitario de Santiago. Alí operárona de urxencia, pero o seu estado é aínda grave.