CRTVG

Buscar

A visita dos reis engadiu expectación aos actos festivos

Publicado o 25/07/2021 14:24

Moito ambiente nos arredores da praza do Obradoiro xa horas antes de comezaren os actos. Atopabamos sobre todo visitantes que fixeron coincidir a súa chegada a Santiago co día de Galicia. Máis dun coa expectativa engadida de ver os Reis e as súas fillas.

Tamén había quen confesaba que a visita da familia real lle causaba certos contratempos. De feito, á praza do Obradoiro, ademais das autoridades, só logrou entrar un grupo pequeno de cidadáns, nalgúns casos despois dunha boa madruga.

Nos accesos da praza, xa pechados, amoreábanse tamén ducias de persoas que non renunciaban a albiscar algo da cerimonia, aínda que fose de lonxe e de lado. Os que quixeron gozar dos actos desta festividade e non puideron facelo in situ tiveron, iso si, a posibilidade de seguir a celebración a través das cámaras desta canle, que a retransmitiron ao detalle, desde a mellor perspectiva.

Noticias web

25/07/2021