CRTVG

Buscar

A visita do papa e a Xornada Mundial da Xuventude enchían Santiago no 1998

Publicado o 19/08/2021 21:54
A visita do papa e a Xornada Mundial da Xuventude enchían Santiago no 1998

Ata 1989 non eran moitos os que sabían onde quedaba o Monte do Gozo nin cal era a súa significación no contexto das peregrinacións a Santiago. Pero a visita de Xoán Paulo II coincidindo coa celebración da Xornada Mundial da Xuventude daquel ano cambiou a fisionomía do lugar e situouno de novo como un espazo de referencia do Camiño de Santiago. 

As crónicas daquel momento din que no acto central daquela xornada de hai 32 anos, a misa que celebrou o papa na grande explanada do Monte do Gozo, se chegaron a xuntar ata medio millón de mozos de todo o mundo. Os seus promotores consideran que tivo, como se pretendía, un efecto divulgador da peregrinación xacobea que por aquel entón estaba renacendo de novo logo de moitos anos dun esquecemento case total. 

Aínda que non volveu haber concentracións deste calibre, a explanada do Monte do Gozo, que se concibira como un escenario eventual para este acto de 1989, acabouse consolidando como tal e a súa programación segue moi vinculada aos ciclos xacobeos.

Noticias web

19/08/2021