CRTVG

Buscar

A Virxe do Corpiño sae do santuario en romaría con medidas sanitarias

Publicado o 24/06/2021 16:11

Como todos os 24 de xuño, en Santa Baia de Losón honran a Virxe do Corpiño. Tras dous anos, por fin a Virxe do Corpiño puido volver saír do seu santuario.

Foi trasladada a ombreiros polos membros da confraría ata a carballeira, onde foi recibida polos fieis con aplausos. Había moitas ganas de volver celebrar esta tradicional romaría da Virxe do Corpiño.

Tampouco este ano os devotos da Virxe do Corpiño puideron honrala coa procesión que lle dedican. O que si fixeron foi sacala do santuario e levala nun curto paseo ata a carballeira onde celebraron a misa solemne da festa.

Alí os peregrinos foronlle cubrindo o manto de flores como manda a tradición, pero non puideron pasar por baixo da imaxe para pedirlle protección á Virxe á que lle atribúen a curación de enfermidades mentais, mal de ollo, embruxos e posesións diabólicas. E sobre todo os que repiten cada ano con esa visita estaban moi emocionados.

Noticias web

24/06/2021