CRTVG

Buscar

A Virxe do Carme foi a protagonista das vilas mariñeiras galegas

Publicado o 16/07/2017 21:16

Tapices florais, barcos engalanados, ofrendas e a agardada procesión marítima. Estivemos en Bueu seguindo estes festexos

Fíxose esperar pero tras misa solenme, que foi na lonxa de Bueu, saía en procesión a Virxe do Carme pasadas as sete da tarde.

Centos de persoas, acompañaron a patroa dos mariñeiros nunha travesía que foi seguida dende terra pero sobre todo por mar.

Un día grande para moitas vilas mariñeiras coma esta de Bueu. Non faltou a ofrenda floral con medio cento de barcos engalanados acompañando a virxe no seu paseo pola ría.

E as ofrendas á Virxe do Carme comezaron xa esta mañá en moitas vilas mariñeiras. Aguiño e Cabo de Cruz celebraron ao mediodía a misa en honor á patroa antes de sacala en procesión acompañada pola maioría dos barcos da vila. Os fieis agardaban con tempo para poder ir a canda ela.

"Teño moita devoción. Empecei a vir o ano pasado. Este ano veño coa ilusión de ver se podemos ir no barco da Virxe, e, senón, intentarémolo noutro".

A tradición de que a Virxe saia cada ano nun barco fai que todo patrón agarde a súa vez."Gusta levala, aos que andamos así no mar gusta levala.

"A travesía remata coa ofrenda na que os devotos tiran ao mar as flores que recordan a aqueles que perderon a vida precisamentel nel.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2017