CRTVG

Buscar

A 'viñeta', o sistema de pagamento por circular por autovías sobre o que traballa o Goberno

Publicado o 04/10/2021 15:35

A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, deixouno claro no Congreso dos Deputados. O seu departamento traballa nunha proposta de tarificación da rede de estradas e alta capacidade baseada no principio de equidade territorial, seguridade viaria e sostibilidade ambiental. Ese deseño no que traballan podería estar en marcha a partir do 2024.

E o sistema para pagar sería o da viñeta anual, un sistema moi utilizado en Europa, similar aos distintivos ambientais da DXT e que, tras o pago polo período de tempo que se estableza, permite circular en autoestradas e autovías.

 

Noticias web

04/10/2021