CRTVG

Buscar

A vila luguesa de Lourenzá marca as temperaturas máis altas desta fin de semana en Galicia

Publicado o 17/02/2019 19:10

Na Mariña luguesa levan dous días, sábado e domingo, rexistrando a temperatura máxima de Galicia. O sábado foi de case 25 graos, unha temperatura alta da que gozamos en toda a comunidade, pero que muda nas próximas horas. 

Temperatura de récord o sábado na vila lucense de Lourenzá, superando a Pontevedra. O domingo o ceo amaneceu gris, nada que ver co sol de días anteriores. Pero é que a xornada do sábado non é habitual para o mes de febreiro. Os case 25 graos en Lourenzá despistan a calquera, pero o certo é que aínda estamos en pleno inverno. 

A situación cambia desde o domingo e haberá que sacar o paraugas e recuperar a roupa de abrigo. A baixada e diferenza de temperatura vai ser notable. As máximas non subirán dos 14 graos na vila e as baixas rozarán os 6 graos. 

Máis contraste se advirte na montaña de Lugo, onde os termómetros oscilan entre os 3 e os 10 graos. Non se descartan precipitacións en forma de neve a partir de 1.200 metros. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2019