A viguesa Laura Vázquez coróase subcampioa do mundo júnior de judo
Publicado o 08/10/2021 10:45
A viguesa Laura Vázquez proclamouse onte subcampioa do mundo júnior de judo. Competía na categoría de -63 quilos. Perdeu a final ante a holandesa Van Lieshout, que é unha vella coñecida de Laura, xa que hai un mes perdeu contra ela o bronce no campionato de Europa.
Aínda así, a progresión da judoka galega, de 19 anos, é prometedora. Este verán obtivo o ouro na Copa de Europa xuvenil.