CRTVG

Buscar

A Vig-Bay celebra os seu 20 aniversario cun maratón

Publicado o 02/04/2019 20:30

Os afeccionados ao atletismo teñen esta fin de semana unha cita ineludible. Amais dos 21 quilómetros, disputarase un maratón. A Vig-Bay fai 20 anos e celébrao co tradicional medio maratón e unha novidade, un maratón. As dúas probas terán saída en Samil e rematarán en Baiona e coincidirán nalgúns treitos, malia disputarse con media hora de diferenza. Agárdanse 4.300 corredores nos 21 quilómetros e ata 1.200 nos 42. 

Eduardo Vieira, organizador da Vig-Bay: "Soño cumprido non sei, pero vendo a traxectoria de 20 anos de carreira e a satisfacción da xente que participa, a palabra en que penso é satisfacción". "A idea era organizar un maratón. Pedíano e consideramos que este ano, o do 20 aniversario, era o axeitado. É complicado porque a orografía non axuda. Pasamos por tres concellos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019