CRTVG

Buscar

A videoarbitraxe entra de cheo na vida do Deportivo

Publicado o 16/09/2019 19:08

O VAR leva pouco tempo na vida do Deportivo, pero abofé que entrou de cheo. A videoarbitraxe resultou determinante en tres das cinco xornadas disputadas.

Na primeira deu por válido un gol de Koné que o árbitro anulara previamente por fóra de xogo. Ese día o Deportivo gañou 3-2 ao Oviedo. Na cuarta, o ollo que todo o ve advertíu unha man de David Simón que posibilitou a vitoria do Albacete en Riazor de penalti.

Apenas unha semana despois, a situación repetiuse en Xixón, pero desta volta a favor. A pantalla abríulle os ollos ao xuiz da contenda nunha clara man de Borja López. Aketxe aproveitou a ocasión para amarrar un punto.

Anquela viviuno con intensidade:  "Eu tiña ganas de que fose penalti, pero ver... Eu estaba dicindo "ai, que sexa penalti". Eu vin unha acción moi parecida á do domingo pasado, moi parecida, pero eu non sei se lle deu na man. Home, se logo o viron supoño que lle daría".

Xa que logo, ao Deportivo, de momento, o VAR deulle máis do que lle quitou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019