CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A Victoria Cruziana, unha flor case única, florece en Vigo estes días. É unha flor dun nenúfar xigante da que só hai dous exemplares en España

Publicado o 29/08/2018 14:30

Estes días florece en Vigo unha flor case única, a dun nenúfar ancestral do que só hai dous exemplares en España: a de Vigo está na Fundación Sales e a outra está no Xardín Botánico de Málaga.

O nenúfar xigante de Vigo pertence a unha especie das dez máis raras de todo o planeta. Só hai dúas coma ela en toda España. Este verán xa floreceu cinco veces e podería facelo outras dez máis.

O nenúfar está nunha piscina de 1,5 metros de diámetro provista de dez mil litros de auga na Fundación Sales de Vigo moi preto de Samil. Os que máis gozan dela son os cativos que pasan estes días de verán de campamento. Eles coñecen polo miúdo a abraiante naturaleza desta flor que nace feminina e morre masculina.

A primeira planta que houbo en Vigo desta especie chegou en 2013, grazas á colaboración do Kew Garden londiniense en 2014 conseguiron que florecera por vez primeira aínda que ao final morreu. En 2016 conseguiron a floración doutra planta e o ano pasado foi outra especie a que floreceu: a Victoria Amazónica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí