CRTVG

Buscar

A vicepresidenta Carmen Calvo recibe a alta hospitalaria, tras dar onte positivo en COVID-19

Publicado o 26/03/2020 11:29
A vicepresidenta Carmen Calvo recibe a alta hospitalaria, tras dar onte positivo en COVID-19

A vicepresidenta Carmen Calvo recibiu esta mañá a alta hospitalaria logo de dar onte positivo en COVID-19.

A vicepresidenta do Goberno ingresara o domingo cunha infección respiratoria na Clínica Ruber Internacional de Madrid e tivera en probas anteriores un resultado negativo, pero, a xuízo médico, o último non proporcionaba datos concluíntes.

Por este motivo, repetiuselle a proba, cuxo resultado deu positivo. Carmen Calvo evoluciona favorablemente e recibe o tratamento médico prescrito. Un tratamento que agora continuará no domicilio, mentres a vicepresidenta se incorpora ás súas funcións.