CRTVG

Buscar

A VI regata Navega o Camiño está dedicada ao papel da muller no mar

Publicado o 15/06/2021 16:18
A VI regata Navega o Camiño está dedicada ao papel da muller no mar

Os oito barcos que participan na pegrinación a vela Navega o Camiño están no porto deportivo de Marina Coruña. Este ano dedícase ao papel da muller no mar.

Os barcos partiron de Ondarribia, o pasado 4 de xuño. Esta VI expedición rematará en Santiago cunha camiñada dende Padrón.

Á cabeza, está unha embarcación integrada ao completo por mulleres coa olímpica Ángela Pumariega ao temón.

Noticias web

15/06/2021