CRTVG

Buscar

A venda de viño galego aumenta no sector da alimentación

Publicado o 31/05/2021 21:39

O pasado ano os viños galegos con denominacion de orixe irromperon con forza na canle da alimentación mesmo incrementando os seus prezos. Porén detrás destes datos está un 2020 moi atípico marcado pola pandemia en que o sector diminuíu a súa facturación.

Neste último ano, por mor da pandemia, as vendas diminuíron un 21 % e o 60 % delas reducíronse no ámbito da alimentación e non no sector da hostalería, como viña sucedendo tradicionalmente en Galicia.

No mes de xuño, o Goberno galego ten previsto presentar un plan estratéxico conxunto que inclúa a todas as Denominacións de Orixe, co obxectivo de dinamizar o sector.

O peche da hostalería por mor da pandemia deixa unha fotografía ben diferente do consumo e venda de viño galego con denominación de orixe no mercado español durante o pasado ano. O sector do viño en Galicia está conformado por máis e 10.000 viticultores e máis de 450 adegas que achegan un valor económico de 230 millóns de euros anuais.

Noticias web

31/05/2021