A venda de coches subiu un 16% en xullo
Despois de meses complicados para o sector da automoción, a venda de vehículos en Galicia aumentou en xullo un 16 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior. As asociacións de fabricantes e de concesionarios coinciden en que os plans de axuda á compra de vehículos lanzados polo Goberno están detrás deste incremento.
"Sen dúbida, creo que si, e esperemos que siga funcionando cando chegue o outono e manteña o nivel de investimento que ten porque está funcinando", explica Pablo Conde, director comercial de Breogán Motor.
As asociacións empesariais do sector consideran que as axudas públicas son imprescindibles para remontar a forte caída das vendas provocada pola COVID-19. En Galicia, esa caída foi dun 35 por cento entre xaneiro e xullo.
"Evidentemente, a maior parte produciuse nese momento en que estivemos pechados", afirma Pablo Conde.
Os dous plans de reactivación do sector do automóbil inclúen axudas de ata 4.000 euros para a compra de coches híbirdos ou eléctricos e de entre 400 euros e mil euros para o resto de modelos.