CRTVG

Buscar

A veda do polbo durará un mes

Publicado o 29/05/2020 20:56

Son os derradeiros barcos que levantan as súas nasas neste porto de Bueu despois dunha campaña que non cumpriu coas súas expectativas.

Á baixada de prezo e á caída da demanda a consecuencia da pandemia sumáronse moitos días de meteoroloxía adversa que lles impediu saír a navegar nunha temporada de escaseza natural do recurso. O porto de Bueu, referente en capturas de polbo, rexistrou 130 toneladas de cefalópodo por valor de 960.000 euros esta época, fronte ás 195 e aos case dous millóns de euros de cotización da anterior. A caída de ingresos da venda de polbo nas lonxas galegas é do 32% de media no que levamos de estado de alarma. Pero noutras, como a de Carnota, descendeu á metade, e na de Muros chegou ao 82%.

A petición do sector, esta veda será algo máis curta e durará un mes.

Noticias web

29/05/2020