CRTVG

Buscar

A veda do polbo durará so un mes este verán

Publicado o 13/05/2020 21:43
A veda do polbo durará so un mes este verán

Este ano a veda do polbo durará só un mes. Dende o 29 de maio ao 1 de xullo. Os últimos exemplares poderán venderse na poxa do sábado 30. Despois haberá que gardar as nasas nos portos e devolver ao mar todos os polbos que caian por accidente nas redes. As capturas retomaranse cun máximo de 30 kg por barco e día e outros 30 por cada tripulante.

A Xunta era partidaria de darlle ao cefalópodo dous meses de descanso, pero acabou cedendo á presión do sector, din, pola boa evolución da especie e pola situación especial que se vive este ano.

Noticias web

13/05/2020