CRTVG

Buscar

A veciñanza de O Irixo acude masivamente ao cribado do Sergas

Publicado o 31/03/2021 20:47

Conscientes da situación a veciñanza de O Irixo acudíu masivamenta á chamamento do Sergas para facer unha PCR.

Con 5 casos activos nunha poboación e 1.420 habitantes a incidencia a 14 días disparouse ata os 352 casos por cada 100.000 habitantes. Todos agardan que non aumenten os positivos.

O resultado do cribado axudará a detectar asintomáticos.

Con resignación e certa preocupación os veciños asumen o aumento das restircións do nivel alto. A partir desta media noite a hostalería só poder servir nas terrazas.

Das 500 persoas entre 18 e 74 anos convocadas participaron no cribado o 77%. Os resultados ofrecerán unha radiografía da expansión do virus no Irixo.

Noticias web

31/03/2021