CRTVG

Buscar

A veciñanza de Guxinde, en Entrimo, arranxa unha capela tras unha colecta

Publicado o 30/08/2021 14:45

Totalmente rehabilitada e cun tellado novo. Así quedou a capela de San Salvador de Guxinde despois das obras que pagou a veciñanza. Entre máis de 30 persoas puxeron unha cota de 150 euros e arranxaron o templo.

A capela ten un significado especial para todos os veciños e as veciñas, un lugar para o culto e tamén para as xuntanzas e as festas na honra da Virxe do Carme e San Salvador.

As humidades xa non son un problema, no interior pintaron e mercaron bancos novos. E ademais da capela tamén arranxaron o cemiterio, agora entre todos cambiarán a porta, en que van investir 550 euros.

Noticias web

30/08/2021