CRTVG

Buscar

A veciña da Coruña rodeada por ocupantes ilegais será realoxada nos vindeiros días

Publicado o 06/10/2021 14:32

A veciña da Coruña que vive rodeada de ocupantes ilegais vai ser trasladada nos próximos días a outro piso da cidade.

A inmobiliaria que xestiona a vivenda asegura que ambas as dúas partes asinaron xa o contrato para recolocar a Lourdes, a última inquilina de renda antiga que queda no edificio. Tamén din que os ocupantes ilegais recorreron contra a sentenza xudicial que os obriga a desaloxar o edificio.

Dende o Valedor do Pobo confirman que seguen traballando con intensidade para que esta muller de 76 anos, que vive cunha filla con discapacidade, non se vexa desamparada. Hai unha semana escasa falabamos con ela no noso programa.

 

Noticias web

06/10/2021