CRTVG

Buscar

Secuenciados 25 casos da variante delta entre A Coruña e Vigo

Publicado o 23/06/2021 15:33

A variante india preocupa en Galicia: hai 25 casos secuenciados entre Vigo e A Coruña. Os expertos do comité clínico teñen o foco posto precisamente nesta variante e na incidencia da área sanitaria da Coruña.

A cifra é elevada respecto á media galega, que está en 41 casos por cen mil habitantes. Ademais, aumenta a taxa de positividade e a metade dos pacientes en UCI de toda Galicia están na área da Coruña.

Tamén preocupan os casos da variante india, que xa se detectou nas augas residuais da Coruña. Por iso se van reforzar os rastrexos e os cribados e pídese prudencia á poboación, especialmente coas celebracións do San Xoán ás portas.

Noticias web

23/06/2021