CRTVG

Buscar

A variante delta pon Portugal ao bordo da alerta vermella

Publicado o 23/06/2021 16:20

A covid-19 está a avanzar en Portugal que se atopa ás portas da alerta vermella. Lisboa e o Algarve son as rexións máis afectadas. Polo momento, no norte a situación permanece estable.

Dos máis de mil contaxios das últimas horas, 648 rexistráronse na capital. Porén, tamén preocupa o avance das infeccións no sur. A variante Delta está detrás dun 60 por cento dos casos. No norte do país, a súa presenza non chega ao 15 por cento.

A desescalada en Portugal está en risco. Polo momento, a capital mantén o peche perimetral durante as fins de semana pero as restricións poderían endurecerse porque tamén medrou a presión hospitalaria. Hai máis de cen pacientes nas unidades de coidados intensivos.

Noticias web

23/06/2021