CRTVG

Buscar

A variante delta avanza no Reino Unido e pon en alerta Europa

Publicado o 21/06/2021 14:50

A variante india é a que está a levar o Reino Unido a falar dunha terceira vaga do coronavirus. O número de contaxios seguen subindo no país e superan xa a barreira diaria dos 10.000 casos. O 90 % deles están causados pola coñecida como variante india, agora denominada delta.

A situación no Reino Unido puxo en alerta toda Europa debido á rápida propagación do virus, que por culpa desta nova mutación agora é moito máis contaxioso. Os gobernos intentan acelerar ao máximo a administración das segundas doses das vacinas para intentar frear esta variante delta, que se cre que será a predominante neste outono.  

Noticias web

21/06/2021