A Valedora do Pobo, Milagros Otero, presenta a súa renuncia definitiva
Publicado o 24/07/2019 13:03

A Valedora do Pobo, Milagros Otero, deixa definitivamente o cargo. No mes de abril xa puxera o seu cargo á disposición do Parlamento, e hoxe presentou a súa renuncia efectiva cunha carta dirixida ao presidente da institución, Miguel Santalices.
Milagros Otero levaba no cargo dende 2015. A súa figura quedou sinalada despois de que hai catro meses unha sentenza do Tribunal Supremo a condenara por "desvío de poder" na contratación de María Puy Fraga, que a xustiza considerou irregular. Polo momento, non hai substituto para a valedora.