CRTVG

Buscar

A Valedora do Pobo investiga o caso da muller devorada polos seus cans en Narón

Publicado o 21/01/2021 08:20

A Valedora do pobo abriu unha investigación de oficio sobre o caso da muller de Narón que apareceu morta na sua casa e cuxo cadáver fora mutilado polos seus cans.

A vítima padecía síndrome de Dióxenes e na vivenda amoreaba lixo. A institución, que está realizando un estudo sobre esta problemática, solicitoulle información ao Concello de Narón sobre as actuacións levadas a cabo neste municipio en casos deste tipo e as situacións deste tipo detectadas nos últimos anos.

Noticias web

21/01/2021