CRTVG

Buscar

O feminismo vai ser unha das guías de traballo da nova Valedora do Pobo

Publicado o 06/08/2019 14:30

Para a nova Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, o feminismo vai ser unha das guías do seu traballo. Esta mañá recordou nunha entrevista na Radio Galega as máis de mil mulleres asasinadas en España polas súas parellas ou ex-parellas dende o 2003, unha cifra que, para a xuíza, non recolle todos os casos de violencia de xénero.

"É que se está a aplicar un concepto restritivo de violencia de xénero para computar estas vítimas. É que son máis porque hai vítimas que se escollen aleatoriamente por ser mulleres, que non hai unha relación previa entre o asasino e a vítima, e esas non computan como violencia de xénero", apuntou Fernández Galiño.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019