A vaga de frío asáñase coas persoas que viven na rúa
As temperaturas lindeiras cos cero graos ou menos que se están a vivir en moitas cidades volven facer virar os ollos cara ás persoas que viven na rúa por careceren de medios económicos ou dunha dunha vivenda. E iso nun ano condicionado pola covid e a súas consencuencias económicas, que están tamén a poñer a proba a rede de albergues e servizos sociais para os máis desfavorecidos.
Miguel de la Mata, director do Albergue Xoán XXIII de Santiago de Compostela: "A situación vén sendo a mesma precarieadade, só que multiplicado un pouco porque a situación está afectando a xente que non vivía esta precariedade. Xente que mantiña un posto de traballo, aínda que fose precario, como aquí en Santiago, xente do sector da hostalería está perdendo as posiblidades de gañar un pouco a vida".
Albergues coma este de Santiago tiveron que adaptarse tamén á situación da pandemia, ampliando os seus servizos externos para compensar a redución á metade do número de persoas que podían acoller por mor das medidas sanitarias contra a covid-19.
"Intentamos multiplicar recursos sobre todo para a asistencia alimentacia e tamén para pagos nos alugueiros", comenta o director do albergue compostelán.
Galicia conta con trescentas prazas xestionadas por diversas entidades sociais para ofrecer ás persoas sen fogar agora cando máis o necesitan.
Arturo Parrado, director xeral de Inclusión Social da Xunta: "Extrémanse e póñense operativos especiais para dar a súa cobertura. Dende a Xunta de Galicia dispoñemos de liñas de axudas e subvencións para financiar estes centros de albergues e tamén outros centros de inclusión que hai en toda Galicia e centros de día, para atender as necesidades das persoas sen fogar".
A solidariedade e a actuación das administracións resultan fundamentais para superar unha etapa moi complicada para a sociedade pero aínda máis para as persoas en situación de emerxencia social.