CRTVG

Buscar

A vaga de calor extremo que azouta O Canadá causa máis de 200 mortos desde o venres

Publicado o 30/06/2021 20:40

A vaga de calor que está abrasando o oeste do Canadá provocou xa a morte de máis de 200 persoas desde o venres pasado, segundo informan as autoridades canadenses. A zona máis afectada é a provincia da Columbia Británica onde os termómetros alcanzaron os 49,6 graos. Varias cidades habilitaron centros para que as persoas poidan protexerse e refrescarse. As previsións sinalan que esta vaga de calor, que tamén afecta os Estados Unidos, comezará a remitir o venres.

Noticias web

30/06/2021