CRTVG

Buscar

A vaga de calor en España deixa a máxima máis alta rexistrada ata agora, 47,4ºC

Publicado o 15/08/2021 20:46

Foi en Montoro, onde se chegou aos 47,4 graos. A localidade cordobesa acadara marca histórica de temperatura máxima en España en 2017, pero onte superouna nunha décima.

Noutros moitos puntos, aínda que non chegaron a tanto, bateron marca respecto das súas propias marcas. É o caso de Xaén capital, que con 44 graos converteuse nunha cidade pantasma.
Tamén se deron marcas nas mínimas. O mesmo Xaén non baixo dos 30 graos nin durante a madrugada.

Fóra de rexistros oficiais, en Sevilla, os termómetros ao sol anunciaban 55 graos. Para moverse pola rúa, imprescindible hidratarse.

En Madrid recomendaron evitar as actividades ao aire libre e pecharon o retiro e outros oito parques. En Castelló, aínda con moita calor, dinnos que o de onte foi terrible. A maioría optou por pecharse na casa.

En Castela-A Mancha algún pregaba por un cambio de estación. O certo é que a vaga de calor empezou a remitir pero aínda mantén valores moi altos en boa parte do interior peninsular e nos dous arquipélagos. Haberá que esperar ao martes para dala por concluída en todo o territorio.

Noticias web

15/08/2021