CRTVG

Buscar

A vaga de calor deixou xa tres mortos en Francia

Publicado o 26/06/2019 15:20

Mollar os pés convértese en algo impresdincible e, tamén, buscar refresco artificial, sexa onde sexa. Mollarse é obrigado en lugares como París ou Roma, onde as temperaturas superarán marcas históricas, ao redor dos 40 graos. En Francia morreron tres persoas en episodios relacionados coa calor.

En Alemaña tamén é necesario buscar refresco. Europa está que arde. Vai calor de máis para esta época do ano en lugares onde non están, nin acostumados, nin preparados para as altas temperaturas. Por iso, as piscinas abren durante máis tempo, os parques tamén son accesibles as 24 horas do día. A sombra cotiza á alza.

Roma, 36 grados, Berlín, 37 grados, París, 38, Suíza, 39 graos. E subindo. Son temperaturas demasiado altas para lugares onde, polo xeral, non adoita haber demasiadas instalacións de aire acondicionado.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019