CRTVG

Buscar

A vacinación en Galicia empezará en Santiago, onde a incidencia non para de subir

Publicado o 24/12/2020 14:55

En Galicia, a vacinación vai empezar tamén esta fin de semana. Comeza este domingo nunha residencia de maiores da capital galega. Elixiuse Santiago por ser a cidade e tamén a área sanitaria que ten agora mesmo unha peor evolución. A cidade ten unha indicencia acumulada de 212 casos por cen mil habitantes. Os seus datos son os que máis preocupan aos expertos galegos. 

Unha semana despois de que volveran a endurecerse as restricións en Santiago, os datos na capital galega non melloran. A área sanitaria de Santiago é a que ten agora mesmo máis hospitalizados. Nos se desbota que a vindeira semana o comité clínico incremente as restricións. 

 

Noticias web

24/12/2020