CRTVG

Buscar

A vacinación en embarazadas: cando é o mellor momento?

Publicado o 23/07/2021 15:45

As recomendacións foron evolucionando en función de novos estudos e agora Sanidade recomenda vacinar as embarazadas usando as vacinas de Pfizer ou Moderna. As mulleres embarazadas non teñen máis risco de contraer a covid, pero se se contaxian teñen máis posibilidades de ter un cadro clínico grave.

E cal é o mellor momento para a vacina? Hai controversia nesta resposta. Segundo o Ministerio de Sanidade, recoméndase vacinar as embarazadas cando lles corresponda por idade en calquera momento do embarazo, pero segundo sociedades científicas, como a Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia, é recomendable a partir da semana 20 de embarazo.

Vanesa ten 31 anos e está embarazada, esta semana acudiu a vacinarse contra a covid-19. Ante as dúbidas, despois de consultar coa súa xinécologa, decidiu facelo.

Recoméndase avaliar cada caso individual cun xinécologo. O debate está en qué momento do embarazo é máis recomendable recibir a vacina.

É nesa semana 20, á metade do embarazo, cando se considera superado o maior risco para o feto. A OMS acaba de incluír as mulleres embarazas na lista de vacinación prioritaria polas evidencias de que corren maior risco de contraer formas graves da Covid. E que pasa co outro grupo a debate? Os máis pequenos, os expertos responden.

Sobre as mulleres en período de lactancia, a vacinación non só é segura, senón que tamén se pasarían os anticorpos a través do leite materno ao acabado de nacer.

Noticias web

23/07/2021