CRTVG

Buscar

A vacinación contra a covid comezará o mesmo día nos 27 países da UE

Publicado o 16/12/2020 15:20

Os 27 países europeos van comezar coa campaña o mesmo día, tal e como dixo hoxe a presidenta da Comisión Europea. Será para simbolizar a unidade fronte á pandemia. 

O próximo luns está previsto que a Axencia Europea do Medicamento lle dea luz verde á vacina de Pfizer, que xa se administra en países como O Reino Unido ou Estados Unidos. Deste xeito, a campaña en Europa podería empezar antes de que acabe o ano.

O exdirector de Acción Sanitaria en Crise da OMS; Daniel López-Acuña, cre que a UE "o fixo sen premuras, sen ir polo circuíto exprés como o Reino Unido ou os Estados Unidos, está buscando ter o máximo de garantías, e iso quere dicir que se se aproba é porque é unha vacina realmente segura e eficaz".

Noticias web

16/12/2020